7 de agosto de 2017

XI Mercado das Rutas do Mar - MUXIA 2017

Por segundo ano consecutivo, Os Viqueiras estaremos tocando nesta maravillosa festa de Muxía. Unha viaxe polo tempo por un mercado mariñeiro auténtico, que ensalza as antigas tradicións, nun pobo entregado que se engalana para acoller unha feira chea de postos de artesanía, gastronomía, teatro de rúa, contacontos, música… Non a podedes perder!