Venres 17 de xuño, en Ordes (A Coruña)
Especial 8º Aniversario das "Noites de Tasca"
Programa:
-18:00 h: no Campo da Feira (diante da piscina municipal): "ENREDOS MUSICAIS" co artesán Oli Xirádez. Un Obradoiro para toda a familia para aprender a fabricar os vosos propios instrumentos musicais .
- Desde pola tarde haberá postos de artesanía no Campo da Feira.
- 20:00 h: na alameda: OBRADOIRO de MÚSICA E BAILE GALEGO, a cargo de Juan Pena e Beatriz García, mestres da Agrupación SEMENTES DA ARTE de Ordes, aberto a todo o público.
- 21:30 h: Actuacións de grupos de música tradicional polos bares de Ordes.
- 23:30 h: gran FOLIADA FINAL no Campo da Feira.
VIDE TOCAR E BAILAR CON NÓS!