27 de xuño de 2015
26 de xuño de 2015
23 de xuño de 2015
11 de xuño de 2015
7º ANIVERSARIO DAS NOITES DE TASCA EN ORDES
ESPECIAL 7º ANIVERSARIO
VENRES 26 DE XUÑO 2015
Un ano máis, a Asociación de Gaitas Os Viqueiras de Ordes organizamos o Aniversario das "Noites de Tasca" cunha gran festa onde a música e o baile tradicional serán os grandes protagonistas.
O encargado de empezar a festa será o popular home orquestra, César Freiría, coñecido como CÉ Orquestra Pantasma, que a partir das 18:00 h dará un concerto para todos os públicos no Campo da Feira, diante da piscina municipal.
A partir das 19:30 h podedes apuntarvos aos Obradoiros de baile galego. Un será na Alameda, a cargo da mestra Helena Noya Ruibal, da Asociación Camiño Real de Poulo; e o outro será diante do Museo do Traxe, a cargo dos mestres Juan Pena e Beatriz García, da Asociación Sementes da Arte.
Ás 19:00 h: presentación de dous libros-Cd: "PAZOS DE MEREXO, o acordeón diátonico da Costa da Morte", da Central Folque, e "SIDERIO DE VILARMIDE" da Editorial Canela. Será no auditorio do Museo do Traxe. Entrada gratuita.
E a partir das 21:30 h... máis de 25 grupos de música e baile repartiránse polos bares de Ordes para logo xuntarnos todos no Campo de Feira, Sobre as 23:30 h, comezará a gran Foliada para poñer broche final a esta "Noite de Tasca" especial.
VIDE TOCAR E BAILAR CON NÓS!
Colaboran: A Mancomunidade de Municipios da comarca de Ordes, o concello, ESYMAR Artes gráficas e Sastrería TANO.
10 de xuño de 2015
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)