28 de maio de 2014

6º Aniversario das "Noites de Tasca" en Ordes

ESPECIAL 6º ANIVERSARIO
VENRES 6 DE XUÑO
Empezaremos ás 18.30 h, na Alameda, con dous obradoiros para todo o público:

*un de baile galego impartido por HELENA NOYA RUIBAL, 
mestra da Asociación CAMIÑO REAL DE POULO
       * e outro de "Enredos sonoros" a cargo do músico e artesán OLI XIRÁLDEZ RIO         que nos ensinará a fabricar os nosos propios instrmentos de xeito sinxelo e divertido.

Ás 20:00 h, diante do Museo do Traxe:
 haberá outro obradoiro de música e baile galego a cargo dos mestes 
JUAN PENA e BEATRIZ GARCIA, da Asociación SEMENTES DA ARTE. 

A partir das 21:30 h. ... máis de 25 grupos de música e baile repartiranse polos bares de Ordes  para logo xuntarnos, a partir das 12 h da noite, e desfrutar dunha gran FOLIADA final que terá lugar na cervecería ISLIA (Rúa Ramón Ferreiro, 2)

IMPORTANTE: ás 12 h da noite (No Islia) empezaremos co sorteo da gaita de Seivane e sacaránse boletos ata que aparezca o afortunado gañador.

Vide tocar con nós!!

18 de maio de 2014

Bases sorteo gaita de Seivane

O próximo venres 6 de xuño estamos de Aniversario 
e para celebralo imos sortear unha gaita de Seivane. 
Non te quedes sen a túa participación, 
podes mercar as rifas nos seguintes establecementos de Ordes:
- CERVECERÍA ISLIA
- O NOSO LAR
-BAR PICOLIÑO
- CERVECERÍA O 27
- BAR O MERCADO





13 de maio de 2014

I FESTA DO BOLO PREÑADO NO BAR CORREOS (ORDES)

24º Aniversario do Bar Correos 
Este venres, a partir das 23:00 h...
 I FESTA DO BOLO PREÑADO
ca música dos Viqueiras de Ordes


7 de maio de 2014

XII FESTA DO PAN EN CARRAL (A Coruña)

DOMINGO 11 DE MAIO
OS VIQUEIRAS estaremos tocando pola mañá 
na Festa de exaltación do pan de Carral

 
       Máis info: Programa Festa do Pan

6 de maio de 2014

FESTA DA PANDEIRETA NAS ENCROBAS

Sábado 10 de maio
As pandereteiras das Encrobas, Cerceda (A Coruña) 
organizan a gran festa da pandeireta.
Alí estaremos un ano máis!

5 de maio de 2014

VENRESPIRAR - Festa Tradicional Itinerante en OURENSE

VENRES 9 MAIO 2014